
Cancións tradicionais Galegas, vol. 2
Ao premer, cárgase YouTube (Google), que pode instalar cookies. Máis información.
Cantando por Carnota, coa música que gardamos na memoria e soa hoxe con forza e ilusión.
Deixar un recordo dun traballo fermoso, unha ilusión feita realidade.
A Agrupación Musical Chan das Lamas comeza a súa andadura no ano 2019 nos lugares de Quilmas e A Curra, do Concello de Carnota. Na gravación do disco de 2025 participaron 29 voces —21 mulleres e 8 homes—. No inicio, a mediados de 2019, eran 9 as persoas que viñan cantar polas tardes á miña casa, ás veces acompañadas por secuencias musicais e outras con guitarra. Ata que no ano 2020 se crea unha asociación cultural á cal se incorpora o grupo co nome de dita asociación.
O repertorio de pezas interpretadas inclúe cancións populares galegas, habaneras e versións doutros grupos musicais.
A Agrupación Musical Chan das Lamas nace como un ben social e cultural, sendo benvido a ela todo aquel que desexe participar nunha reunión musical e cubrir parte do tempo dos longos invernos nestes lugares de Carnota, sen ter que pasar ningún tipo de casting.
No ano 2020 houbo un paro a causa da pandemia, mais igualmente tivemos xuntanzas por medios telemáticos. Retomamos o noso percorrido no 2022, dando o salto ás actuacións e indo cantar aló onde se nos solicitaba, sen ningún tipo de custo salvo algún donativo e algunha axuda do Concello de Carnota. Os custos dos desprazamentos foron sempre asumidos pola propia agrupación.
Actualmente temos realizadas dúas gravacións: unha, do ano 2020, feita con medios caseiros, e outra levada a cabo nun estudo de gravación, que sae á luz no 2025. Se ben é certo que contamos con algunhas axudas, este disco do 2025 supuxo un custo importante para nós. Mais o fin destas gravacións é deixar un recordo dun traballo fermoso, unha ilusión feita realidade.
Miguel Martín Treus
Director da Agrupación Musical Chan das Lamas

Ao premer, cárgase YouTube (Google), que pode instalar cookies. Máis información.
As voces que gravaron Cancións tradicionais Galegas, vol. 2 (2025).










































Praza de San Gregorio, Carnota. Abril de 2022
Feira tradicional que converte a praza nun mercado de principios do século XX.
Ao premer o vídeo, cárgase YouTube (Google), que pode instalar cookies. Máis información.
Ao premer un vídeo, cárgase YouTube (Google), que pode instalar cookies. Máis información.
Cantamos onde nos convidan, e calquera pode vir cantar connosco.
Teléfono · por confirmar Correo · por confirmar WhatsApp · por confirmar
Quilmas e A Curra, Carnota, A Coruña