Agrupación Musical Chan das Lamas

Cantando por Carnota, coa música que gardamos na memoria e soa hoxe con forza e ilusión.

Escoitar os discos Ver actuacións

Quen somos

Deixar un recordo dun traballo fermoso, unha ilusión feita realidade.

Miguel Martín Treus, director

A Agrupación Musical Chan das Lamas comeza a súa andadura no ano 2019 nos lugares de Quilmas e A Curra, do Concello de Carnota. Na gravación do disco de 2025 participaron 29 voces —21 mulleres e 8 homes⁠—. No inicio, a mediados de 2019, eran 9 as persoas que viñan cantar polas tardes á miña casa, ás veces acompañadas por secuencias musicais e outras con guitarra. Ata que no ano 2020 se crea unha asociación cultural á cal se incorpora o grupo co nome de dita asociación.

O repertorio de pezas interpretadas inclúe cancións populares galegas, habaneras e versións doutros grupos musicais.

A Agrupación Musical Chan das Lamas nace como un ben social e cultural, sendo benvido a ela todo aquel que desexe participar nunha reunión musical e cubrir parte do tempo dos longos invernos nestes lugares de Carnota, sen ter que pasar ningún tipo de casting.

No ano 2020 houbo un paro a causa da pandemia, mais igualmente tivemos xuntanzas por medios telemáticos. Retomamos o noso percorrido no 2022, dando o salto ás actuacións e indo cantar aló onde se nos solicitaba, sen ningún tipo de custo salvo algún donativo e algunha axuda do Concello de Carnota. Os custos dos desprazamentos foron sempre asumidos pola propia agrupación.

Actualmente temos realizadas dúas gravacións: unha, do ano 2020, feita con medios caseiros, e outra levada a cabo nun estudo de gravación, que sae á luz no 2025. Se ben é certo que contamos con algunhas axudas, este disco do 2025 supuxo un custo importante para nós. Mais o fin destas gravacións é deixar un recordo dun traballo fermoso, unha ilusión feita realidade.

Miguel Martín Treus
Director da Agrupación Musical Chan das Lamas

Os nosos discos

Portada do disco Cancións tradicionais Galegas, volume 2: monte de Carnota baixo un ceo azul

Cancións tradicionais Galegas, vol. 2

2025 · Gravado nun estudo

Ver no YouTube

Ao premer, cárgase YouTube (Google), que pode instalar cookies. Máis información.

Quen cantamos

As voces que gravaron Cancións tradicionais Galegas, vol. 2 (2025).

  • Alejandro O Paneiro
  • Ane
  • Beatriz
  • Carmen da Pola
  • Cielo de Mamarú
  • Dina Cambeiro
  • Domin do Pindo
  • Domingo de Tarrisas
  • Fina de Carballo
  • José M. Vigo
  • Lola de Felis
  • Manuela de Palmira
  • Mercedes de Torrente
  • Marilola de Palocho
  • Maricarmen de Beiro
  • Maricarmen de Lilia
  • Mario
  • Maruja de Madanela
  • Maruja de Pedro
  • Melisa Cambeiro
  • Miguel de Josefina
  • Moncha do Paisano
  • Paqui
  • Benedicto
  • Sofía
  • Quin
  • Teresa do Marino
  • Tina de Enriqueta
  • Vero da Cruseira

As nosas actuacións

Mostra Víndemo Ver

Praza de San Gregorio, Carnota. Abril de 2022

Feira tradicional que converte a praza nun mercado de principios do século XX.

Ao premer o vídeo, cárgase YouTube (Google), que pode instalar cookies. Máis información.

Contacto

Cantamos onde nos convidan, e calquera pode vir cantar connosco.

Teléfono · por confirmar Correo · por confirmar WhatsApp · por confirmar

Quilmas e A Curra, Carnota, A Coruña